
A economía social e solidaria arráigase en valores que concordan con reclamos dos feminismos. A ESS e a economía feminista teñen como loita común a superación do capitalismo, para deixar de poñer no centro os intereses do mercado e do traballo produtivo. Para cambiar o foco e centralizar os coidados e o sostemento da vida como obxectivo de todas as esferas produtivas e reprodutivas. Para coidar o planeta no que vivimos, fóra da idea errónea do crecemento infinito que está a esnaquizar a nosa terra.
Os feminismos e a ESS buscan modelos de sustentabilidade que superen as lóxicas de competición, especulación, extractivismo, espolio, sexismo, racismo e desigualdade. Que vaia máis aló dos xugos binaristas de xénero do heteropatriarcado. En resumo, unha economía que non sexa patriarcal nin colonial.
Neste sentido, os compromisos da economía social e solidaria contribúen á construción dunhas formas de facer que desmonten as desigualdades. Por exemplo, con medidas para promover a participación e o empoderamento das mulleres, tamén desde a garantía dunha democracia interna nas organizacións da ESS. Á vez, o interese por garantir a sustentabilidade da vida tradúcese en medidas que promoven a conciliación familiar e persoal, acollendo as necesidades de coidados e valorando os impactos negativos que ten o productivismo do marco capitalista.
Impactos que, como a desigualdade salarial, están moi identificados pero nada abordados na economía convencional, e que non chegan a recoller todas as violencias e opresións que as mulleres viven polo feito de ser mulleres -como nos lembra a efeméride do 8 de marzo. Que, ademais, empeóranse e agravan cando sumamos outras interseccións: a orixe, se se está nunha situación administrativa irregular, a orientación sexual, a pertenza a un colectivo minorizado, identificarse cun xénero non binario...
En Coop57 contamos con moitas socias de servizos que están compostas integramente por mulleres e por persoas non binarias. Proxectos que demostran que hai outras maneiras de facer e que hai unha economía que se rexe polos valores e non polos beneficios. Tamén é importante destacar como estes proxectos a miúdo tecen redes e se alían en intercooperación, en comisións ou agrupacións para traballar conxuntamente e achegar unha perspectiva feminista. Compartímosvos algúns exemplos destas organizacións:
-
Leitmotiv (Coop57 Andalucía, cooperativa)
-
Librería La Clandestina (Coop57 Andalucía, cooperativa)
-
Asociación El Cotaller (Coop57 Andalucía, asociación)
-
Asociación de Mujeres del Medio Rural (Coop57 Andalucía, asociación)
-
Telegrama Cultural (Coop57 Andalucía, cooperativa)
-
Chuitos Escuela Infantil (Coop57 Andalucía, cooperativa)
-
Desmontando a la Pili (Coop57 Aragón, cooperativa)
-
La Bezindalla (Coop57 Aragón, cooperativa)
-
Pestalozzi (Coop57 Aragón, cooperativa)
-
TIEBEL (Coop57 Aragón, cooperativa)
-
2AVIA Acompañamiento Terapéutico (Coop57 Aragón, cooperativa)
-
TINSER (Coop57 Aragón, SLU)
-
Punto de Apoyo y Rehabilitación Psicosocial Comunitaria (Coop57 Aragón, cooperativa)
-
Recreando Estudio Creativo (Coop57 Aragón, cooperativa)
- AMEDIAR (Coop57 Aragón, asociación)
-
Col·lectiu Punt 6 (Coop57 Catalunya, cooperativa)
-
Associació d'Atenció a Dones Agredides Sexualment AADAS (Coop57 Catalunya, asociación)
-
La Raposa del Poble Sec (Coop57 Catalunya, cooperativa)
-
Fil a l'agulla (Coop57 Catalunya, cooperativa)
-
Centre de dones Francesca Bonnemaison (Coop57 Catalunya, asociación)
-
El Safareig. Grup de Dones Feministes de Cerdanyola (Coop57 Catalunya, asociación)
-
La Morada (Coop57 Catalunya, cohabitatge)
- Genera (Coop57 Catalunya, asociación)
- La Tremenda (Coop57 Catalunya, cooperativa)
-
Drac Màgic (Coop57 Catalunya,
-
Associació Drets Sexuals i Reproductius (Coop57 Catalunya, asociación)
- Xarxa de dones directives i professionals de l'acció social (Coop57 Catalunya, asociación)
- Barabara Educació (Coop57 Catalunya, cooperativa)
- Mujeres Palante (Coop57 Catalunya, asociación)
- La Pera Comunicació (Coop57 Catalunya, cooperativa)
- Caladona (Coop57 Catalunya, asociación)
- Equilatera (Coop57 Catalunya, cooperativa)
- Dones amb empenta (Coop57 Catalunya, asociación)
- Associació Promotora de Dones cineastes i de Mitjans Audiovisulas de Catalunya CIMA (Coop57 Catalunya, asociación)
- Associació Intercultural Diàlegs de Dona (Coop57 Catalunya, asociación)
- Cierto Estudio Arquitectura (Coop57 Catalunya, cooperativa)
- Fundació Calala Fondo de Mujeres (Coop57 Catalunya, fundación)
- Magranes, SCCL (Coop57 Catalunya, cooperativa)
- Lola, no estàs sola (Coop57 Catalunya, asociación)
- Entremares (Coop57 Catalunya, asociación)
- Periferia Cimarronas (Coop57, cooperativa)
- Les Abelles Coop Reus, SCCL (Coop57 Catalunya, cooperativa)
- SomRiu Penedès, SCCL (Coop57 Catalunya, cooperativa)
- La Renegà cooperativa feminista, SCCL (Coop57 Catalunya, cooperativa)
-
Aholku (Koop57 Euskal Herria, cooperativa)
-
Consonni Ediciones (Koop57 Euskal Herria, cooperativa)
-
Sudergintza (Koop57 Euskal Herria, cooperativa)
-
Milhulloa (Coop57 Galiza, cooperativa)
-
Mulleres Colleiteiras (Coop57 Galiza, cooperativa)
-
As Lilandeiras (Coop57 Galiza, cooperativa)
-
Ardora Formación e servizos (Coop57 Galiza, cooperativa)
-
Barquito Velero (Coop57 Galiza, cooperativa)
-
Melandrainas (Coop57 Galiza, cooperativa)
-
O Cable Inglés (Coop57 Galiza, cooperativa)
-
Ribeira do Navia (Coop57 Galiza, cooperativa)
- Vacalouras (Coop57 Galiza, cooperativa)
- Afeito (Coop57 Galiza, cooperativa)
-
Dabne (Coop57 Madrid, cooperativa)
-
Famylias (Coop57 Madrid, cooperativa)
-
Signar (Coop57 Madrid, cooperativa)
-
Asociación Instituto Mujeres y Cooperación IMC (Coop57 Madrid, asociación)
Ademais, tamén son unha demostración que non só hai que romper os teitos de cristal, porque se non temos coidado, é fácil reproducir as desigualdades patriarcais noutra escala. Hai que desmontar todos os teitos para que xa non haxa pirámides de poder e desmontar os chans pegañentos, que en especial restrinxen e cualifican ás mulleres empobrecidas, racializadas, de ámbitos rurais ou con diversidade funcional a uns sectores máis precarizados, con máis explotación e máis invisibilizados.
Agora ben, se a ESS ten outro valor é o da vontade de mellora e da autocrítica. A reflexión a partir das múltiples e variadas experiencias, tanto no ámbito local como global, contribúe a ir detectando os camiños para percorrer e os retos vixentes e futuros. Por exemplo, no estudo que publicaron desde REAS Rede de Redes "As mulleres na ESS: informe sobre perfil competencial" (2021), detéctase que a miúdo as mulleres na economía social e solidaria "traballan moito e case na fronteira da sobrecarga. A principal diferenza respecto as súas homólogas fórae do ámbito está na incesante vontade de desenvolver a actividade económica de acordo cos valores da ESS. As mulleres consideran máis prioritario atopar este punto de equilibrio que os seus compañeiros masculinos. Os temas dos coidados e a conciliación das súas vidas profesionais e persoais son asuntos que as preocupan e teñen impacto nas decisións que toman no traballo".
Finalmente, é importante destacar que fai falta unha análise feminista das finanzas e das posibilidades, as ferramentas e as actuacións específicas para resolver as problemáticas que se atopan colectivamente as iniciativas de economía social e solidaria que impulsan as mulleres e as persoas non binarias.